Restauración do retablo maior de Santa Baia de Berredo
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
Expediente: L18-19.20- 10-0087
Promotor: Parroquia de Santa Baia de Berredo
Concello e Lugar: Concello de A Bola, Berredo
Puntuación: 59
Orzamento Aceptado: 20.574,05 €
Porcentaxe axuda: 70,91%
Contía Axuda: 14.598,06 €
Este proxecto consiste na recuperación patrimonial do retablo da Igrexa parroquial de Santa Baia de Berredo, que é un elemento de grande importancia tanto no ámbito cultural como etnográfico que forma parte dun conxunto arquitectónico singular: o retablo barroco do escultor Castro Canseco.
Este retablo precisa restaurarse porque a súa ubicación natural (Reserva da Biosfera) e patrimonial (moi próxima ao Mosteiro de Celanova) fan necesaria a súa conservación. Ademais, a Igrexa forma parte dun conxunto histórico de gran beleza.
Na actualidade, son numerosas as visitas que recibe e aos visitantes prodúcelles incomodidade o estado de deterioro no que se atopa.
Polo tanto, coa sua restauración, non só se conserva o patrimonio de gran valor histórico, cultural e etnográfico, senón que tamén se potencia como conxunto turístico da zona.
Limpeza e consolidación do Retablo Maior de Santa Baia
A parroquia de Berredo, en A Bola, decidiu restaurar o retablo do altar maior da súa Igrexa Parroquial de Santa Baia de Berredo.
Foi a iniciativa do párroco, Emilio Casal, o que permitiu devolverlle o esplendor ao retablo barroco do escultor Castro Canseco, o cal se matiña tal e como o pintou o artista, sen retoques que ocultasen o seu traballo.
O retablo precisaba restaurar a súa estrutura, para recolocar pezas soltas e anclaxes e tamén a súa policromía. Data de finais do século XVII e principios do XVIII e é de castiñeiro policromado ao temple, dorado á auga e con algo de prateado, o cal estaba cuberto por capas de barniz, o que facilitou o traballo de reavivación da policromía.
Os traballos realizáronse respectando a orixinalidade e con materiais que non danen a obra, para seguir conservando o patrimonio cultural da zona.
Imaxe Previa Execución