Restauración do retablo maior de Santa Baia de Berredo
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
Proxecto de RECUPERACIÓN PATRIMONIAL de Retablo da Igrexa Parroquial de Santa Baia de Berredo.
Elemento de grande importancia tanto no ámbito cultural coma etnográfico, e que forman parte dun conxunto arquitectónico singular:
– Un interesantísimo retablo barroco, atribuído ó escultor Castro Canseco.
OBXECTIVOS:
-Restauración do Retablo: A súa ubicación natural (Reserva da Biosfera) e patrimonial (moi próxima o Mosteiro de Celanova) fan necesaria a súa conservación. A Igrexia parroquial (na cal se atopa o retablo), forma parte dun conxunto histórico de gran beleza. Na actualidade son numerosas as visitas que recibe, como tamén a incomodidade que lles produce que dito elemento presenten tal deterioro. Polo tanto ca súa restauración, non só conservamos este patrimonio de gran valor histórico, cultural e etnográfico; senón que o potenciamos como conxunto turístico da zona.
Expediente: L18-19.20- 10-0087
Titulo Proxecto: Restauración do retablo maior de Santa Baia de Berredo
Promotor: PARROQUIA DE SANTA DE BERREDO
Concello e lugar do investimento: BERREDO. A BOLA
Puntuación:59
Orzamento Aceptado: 20.574,05 €
Porcentaxe axuda: 70,91%
Contía Axuda: 14.598,06 €