Restauracion do retablo Virxe Maior do Rosario Baltar

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
Proxecto de RECUPERACIÓN PATRIMONIAL de Retablo da Igrexa Parroquial de Baltar. Elemento de grande importancia tanto no ámbito cultural coma etnográfico, e que forman parte dun conxunto arquitectónico singular: – Un interesantísimo retablo barroco, atribuído ó escultor Castro Canseco. OBXECTIVOS: -Restauración do Retablo da Virxe do Rosario e das imaxes que o componen. O conxunto ubicase no brazo esquerdo do cruceiro do templo da parroquia de San Bartolomé de Baltar. Realizarase a conservación e restauración cos diferentes procesos necesarios para a recuperación tanto do soporte de madeira como das capas pictóricas do conxunto. A igrexia parroquial (na cal se atopa o retablo),  forma parte dun conxunto histórico de gran beleza. Na actualidade son numerosas as visitas que recibe, como tamén a incomodidade que lles produce que dito elemento presenten tal deterioro. Polo tanto ca súa restauración, non só conservamos este patrimonio de gran valor histórico, cultural e etnográfico; senón que o potenciamos como conxunto turístico da zona.

Imaxe previa execución

Imaxes posterior á execución

Expediente: L18-19.20- 10-0107 Titulo Proxecto: Restauración do retablo Virxe Maior do Rosario Baltar Promotor: PARROQUIA DE BALTAR Concello  e lugar do investimento: BALTAR Puntuación:59 Orzamento Aceptado: 9.328,09 € Porcentaxe axuda: 70,91% Contía Axuda: 6.614,55 €

Restauración do retablo Virxe Maior do Rosario Baltar

Logos financiamentos GDR