San Bartolomeu de Baltar – Tratamento de conservación e restauración do retablo da Virxe Maior do Rosario
Proxectos Non Produtivos – Entidades PrivadasExpediente: L18-19.20- 10-0107
Promotor: Parroquia de Baltar
Concello do investimento: Baltar
Puntuación: 59
Orzamento Aceptado: 9.328,09 €
Porcentaxe axuda: 70,91%
Contía Axuda: 6.614,55 €
Proxecto de restauración do retablo da igrexa parroquial de San Bartolomeu de Baltar, atribuído ao famoso escultor barroco Castro Canseco.
Este traballo supón a recuperación patrimonial dun elemento de gran importancia histórico-artística. E para isto, realizaranse labores de conservación e restauración, tendo en conta os diferentes procesos de creación e respetando a orixinalidade da obra, tanto do soporte de madeira, como das capas pictóricas do conxunto.
Protexer o patrimonio e potenciar o turismo
A Igrexa parroquial de San Bartolomeu de Baltar forma parte dun conxunto histórico de gran beleza, que atrae numerosos visitantes á vila.
No seu interior acolle o retablo da Virxe Maior do Rosario, do artista leonés Castro Canseco, cuxo estilo se caracteriza pola delicadeza no talle e a abundante utilización de columnas salomónicas, tal como se pode ver nas múltiples pezas que deixou por todo o sur de Galicia, no seu paso pola nosa terra entre finais do século XVII e principios do XVIII.
Este retablo sitúase no brazo esquerdo do cruceiro do templo e, por mor do paso do tempo, presentaba numerosos signos de deterioro, que foron eliminados tras o proceso de restauración. O labor de conservación realizado nesta peza supuxo unha serie de procesos para a recuperación, tanto do soporte de madeira como das capas pictóricas do conxunto, acadando un gran resultado.
Desta forma estamos, non só ante a recuperación patrimonial dun elemento de gran importancia no ámbito cultural e etnográfico, senón tamén ante a consolidación dun punto de interese para a promoción turística da zona.
Imaxe Previa Execución
Imaxes Proxecto Executado