Retablo maior de San Miguel de Berredo – Traballo de conservación e restauración

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L19-19.20-10-0157
Promotor: Bispado de Ourense
Concello do investimento: A Bola
Puntuación: 59
Orzamento Aceptado: 10.813,36 €
Porcentaxe axuda: 71,82%
Contía Axuda: 7.766,16 €

Proxecto de restauración do retablo maior da igrexa de San Miguel de Berredo, no concello da Bola. Para levar a cabo este traballo de conservación e restauración teranse en conta os aspectos históricos, estéticos e materiais (que non se deben separar) para buscar as causas de deterioración e chegar a unha proposta de intervención, que cumpra coa responsabilidade de conservación fronte ao patrimonio cultural e a sociedade.

Conservación do patrimonio relixioso na Bola

A parroquia de Berredo, situada na Bola, acolle a pequena igrexa de San Miguel de Berredo. Ante o deterioro do retablo maior desta igrexa, o seu párroco, Emilio Casal, decidu buscar a fórmula para levar a cabo un tratamento de restauración e conservación do mesmo.

Este retablo presentaba grandes problemas estruturais e de policromía, polo que se realizou un estudo para acadar a mellor fórmula para o seu tratamento e acordouse utilizar materiais e procesos que poidan ser facilmente eliminados sen danar a obra, é dicir, respectando o principio de reversibilidade. Isto supón que os procedementos e materiais empregados non obran en prexuízo da mesma.

Así mesmo, empregáronse materiais que actúan con baixa toxicidade e inocuidade para calquera dos compoñentes materiais da obra e para os operarios que leven a cabo o proxecto.

O resultado é un retablo cunha nova vida e un paso máis na conservación do noso patrimonio.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

San Miguel de Berredo

Logos financiamentos GDR