Servizo velorio en Seiró
Proxectos Non Produtivos – Entidades Públicas

Expediente: L17-19.20-10-0034
Promotor: Concello de Vilar de Barrio
Concello e Lugar: Vilar de Barrio
Puntuación: 38
Orzamento Aceptado: 13.809,99 €
Porcentaxe axuda: 48,67%
Contía Axuda: 6.687,76€
Importe xustificado: 13.545,94€
Axuda cobrada: 6.592,81€
Adaptación dun local de titularidade do Concello de Vilar de Barrio, que era unha antiga escola, na localidade de Seiró, para adaptalo e adecuarse ao decreto 151/2014 de 20 de novembro de sanidade mortuoria de Galicia e de supresión de barreiras arquitectónicas e poder ofrecer un servizo integral de velatorio-mortuorio á parroquia de Seiró e todos aqueles que o puideran necesitar.
A importancia da supresión das barreiras arquitectónicas
O Concello de Vilar de Barrio decidiu no 2017 levar a cabo a remodelación dunha edificación na parroquia de Seiró para convertela nun velorio adaptado e sen barreiras arquitectónicas.
Este servizo mortuorio permitirá que os veciños de dita localidade e os da contorna podan ir rezarlles aos seus coñecidos sen desprazarse moitos quilómetros e coa tranquilidade de que será accesible a todas as persoas.