Skybots Robots Agroforestales – Posta en marcha dunha empresa de servizos agroforestais con drons.

 * Proxecto non xustificado en prazo

Proxectos Produtivos

Expediente: L20-19.20-10-0216
Promotor: Skybots Robots S.L.
Concello do investimento: Xunqueira de Ambía
Puntuación: 80
Contía Axuda: 70.522,00 €

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Xerados:
1

Proxecto de creación dunha empresa de servizos agroforestais, que introduce os drons para o traballo no agro. Skybots Robots Agroforestales realiza labores de sulfato, control de cultivos agrícolas, medicións catastrais, fotogrametría e outros servizos agrarios de innovación a través da utilización de drons.

Drons como novas ferramentas no agro

En Xunqueira de Ambía cada vez son menos as fincas descoidadas e as parcelas sen desbrozar, e todo isto grazas a Esteban, que decidiu poñer en marcha un pequeno negocio de servizos agroforestais na vila, innovando a través da utilización de drons.

No ano 2020 xurde Skybots Robots Agroforestales, un proxecto que ofrece todo tipo de servizos vinculados ao traballo no agro, desde labores de sulfatado de hortas ata fotogrametría con drons. Este proxecto nace baixo a idea de coidar do rural, xa que os pequenos núcleos de poboación das aldeas cada vez teñen menos habitantes e a maior parte da veciñanza é xente maior, que non pode facerse cargo de todo o traballo das súas parcelas. Esteban ofrece a estes maiores unha solución pero tamén a todas as persoas da contorna que soliciten os seus servizos, tendo como resultado un monte limpo e un rural coidado.

A rapidez e profesionalidade deste negocio chegou a oídos de persoas de toda a provincia e máis alá das fronteiras galegas, de modo que Esteban incluso ten clientes e realiza traballos en León.

Imaxes Proxecto Executado

Skybots Robots Agroforestales

Logos financiamentos GDR