TricTrack: iniciativa para unir o deporte e o turismo

Proxectos Produtivos – Entidades Privadas

Expediente:  L20-19.20-10-0213
Promotor: María Aránzazu Jiménez Pesquera
Concello e Lugar: Carballal. Rairiz de Veiga (Ourense)
Puntuación: 68
Orzamento Aceptado: 12.167,02 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 6.083,51 €

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Xerados:
3

A entidade promotora presenta un proxecto sustentado nunha aplicación informática con información lúdica, rutas culturais e outras actividades.

O proxecto integra diferentes percorridos nunha APP coa que os usuarios finais interactúan, co obxectivo de crear unha rede de circuítos por diferentes lugares e ampliar as ofertas de turismo activo.

Dinamización do deporte para todas as idades

Óscar, Martín e Arancha son tres socios que puxeron en marcha o proxecto ‘Tric Track: circuitos permanentes’. Son compañeiros e toda a vida estiveron en contacto co mundo do deporte e da orientación e, a través desta iniciativa, queren poñer en valor as zonas rurais e urbanas a través do turismo activo. Ata o momento foron creando eventos puntuais, pero xa teñen planificados proxectos en cidades importantes e en complexos hoteleiros.

Teñen unha APP, que é como un xogo. Escóllese a ruta – aptas para todas as idades e para facer en grupo ou individualmente – e a través da orientación débese continuar. Hai uns puntos chamados ‘puntos de control’ onde a aplicación interactúa de forma automática con eles e aparecen unha serie de preguntas, o que se coñece como un ‘quiz’, para que o usuario poda aprender curiosidades da zona na que se atopa.

O que máis valoran os seus clientes é a calidade da cartografía mais a APP, desenvolta por eles e que conta con tecnoloxía bluetooth e QR.

Prestan servizos a institucións e a centros educativos. Os circuítos permanentes que instalan nos colexios “son personalizables polos profesores”, sinala Óscar Gómez e engade que “tanto un profesor de matemáticas como de inglés pode meter preguntas nos puntos de control e os nenos van cos mapas para orientarse”. Deste tipo, xa teñen montados 8 proxectos en Galicia que “funcionan moi ben”.

Cabe destacar que foi seleccionado en maio do 2022 como un dos 10 proxectos para participar na fase de academia da Aceleradora de Proxectos Turísticos da Xunta de Galicia onde traballarán durante 6 meses co seu proxecto.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Tric Track

Logos financiamentos GDR