Ágora: tenda para a saúde mental, física e sexual da muller rural
Proxectos Produtivos – Entidades Privadas

Expediente: L21-19.20- 10-0246
Promotor: Sonia Trigo González
Concello e Lugar: Xinzo de Limia
Puntuación: 67
Orzamento Aceptado: 32.601,16 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 16.300,58€
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados: 1
Nº de UTAS Xerados: 1
O proxecto consiste na transformacion do modelo actual das tendas sexshop, nunha tenda especializada onde se incorporan elementos glamurosos e románticos, artigos e complementos. Como elemento innovador para complementar a actividade e como principal obxectivo do proxecto, ofrecerase asesoría, talleres formativos orientados a saúde tanto sexual como de corpo e mente, sempre contando con persoal especializado en cada materia, e buscando o benestar das mulleres rurais xa que a comarca da Limia se caracteriza polo seu entorno rural.
As liñas de actuación para conseguir esa diferenciación están encamiñadas a:
- Produtos de calidade, innovadores e deseños exclusivos
- Servizos especializados
- Servizos persoais, realizando talleres formativos, abordando numerosas solucións a distintos problemas, impulsando a igualdade de xénero, buscando benestar da muller, buscando ter un espazo nunha sociedade patriarcal e rural.
O proxecto leva unha parte de obra e equipamento onde se instalará a tenda sexshop e outra parte de equipamentos da zona de implantación das actividades formativas e talleres impartidos por profesionais tanto da área sanitaria, asociacións coma a do cancro de mama, e outras moitas institucións.
Lugar de encontro para as mulleres en Xinzo
Sonia Trigo, a impulsora deste proxecto, levaba varios anos con gañas de “visibilizar un espazo para as mulleres” e por iso creou a súa tenda-café Ágora na Limia.
Dende que abriu o seu negocio en outono de 2021, quere que se convirta nun espazo de referencia para elas. Deuse conta de que había unha necesidade non cuberta: crear un punto de encontro e de crecemento para a muller. “Hai que ter un lugar onde se poda falar dos temas que a nós nos preocupan e máis no rural, porque moitas veces non se teñen acceso a eles”, comenta Sonia. Así, na súa tenda-café organízanse talleres e charlas sobre “crianza, dietas, sexualidade…” sempre con poñentes expertos na materia e facendo así este contido “accesible a todas”. Por exemplo, no 8M organizáronse talleres sobre o amor, os dereitos, o sexo…
É precisamente o tema da sexualidade co que quere desterrar falsos mitos. “Deime conta falando con outras mulleres que hai moita desinformación sobre este tema, quedouse nalgo tabú dos anos 80 e fálase del con moito pudor e hai que darlle unha concepción que vai máis alá do físico e dos órganos reprodutores”, sinala Sonia. “O sexo é saúde, mental e física, por iso creo que tamén debe estar presente, pero vinculándoo tamén a este concepto de saúde”.
Polo tanto, Sonia apostou por fusionar os conceptos tenda e café, para aportarlle ás mulleres da Limia información e produtos útiles para o seu benestar físico e mental. Nas súas redes atoparedes novas charlas e talleres e se fosen do voso interese, só tedes que anotarvos no número que alí vos facilitan.

Imaxe Previa Execución
Imaxes Proxecto Executado