Novas · Proxecto MIXTURANDO: Licitación dirección técnica e coordinación dos traballos forestais

Proxecto MIXTURANDO: Licitación dirección técnica e coordinación dos traballos forestais

Mixturando-xestion-forestal-GDR10

O proxecto MIXTURANDO: Desenvolvemento de novas estratexias de valorización do bosque mixto atlántico en espazos protexidos de Galicia e Asturias, busca promover unha xestión forestal sostible en zonas de alto valor ecolóxico. Co respaldo da Fundación Biodiversidad e a financiación dos fondos europeos Next Generation EU, este proxecto segue os obxectivos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia para España, enfocado, entre outros temas, na transición ecolóxica.

Contratación

Para lograr os obxectivos de MIXTURANDO, o GDR Limia-Arnoia abre un proceso de contratación dunha empresa que xestione a dirección técnica e os traballos forestais, así como as actividades de planificación e execución a desenvolver polo propio GDR Limia-Arnoia no marco do proxecto MIXTURANDO.

Funcións a realizar

  • Redacción de memorias de actuación singulares para cada área.
  • Xestión das autorizacións sectoriais necesarias e tramitación de pedidos.
  • Dirección de obra nas actuación que se vaian contratar.
  • Coordinación dos traballadores do GDR Limia-Arnoia vinculados ao proxecto MIXTURANDO.
  • Relación coas administracións locais e outras entidades vinculadas ao proxecto para o axeitado desenvolvemento das tarefas asignadas.
  • Xestión documental necesaria para a xustificación da subvención en relación coas actuacións executadas.
  • Coordinación coa xestoría contratada para a xestión técnica e económica do proxecto MIXTURANDO.

Medios persoais e equipo de traballo necesario

A empresa contratada deberá contar como mínimo con estes perfís, cunha experiencia mínima de 5 anos e estudos universitarios de:

  • Enxeñeiro/a Técnico Forestal con experiencia en proxectos de xestión forestal.
  • Enxeñeiro/a de Montes con experiencia na planificación e execución forestal.
  • Técnico/a en Economía con especialización na administración de proxectos forestais.
  • Técnico/a en Medio Ambiente con experiencia en conservación e sostibilidade ambiental.

De entre todos os membros do equipo, a empresa adxudicataria deberá nomear un responsable do proxecto que será o único interlocutor co GDR Limia-Arnoia en todo o relacionado co contrato.

Datas e orzamento da licitación

A duración do contrato será dende a súa data de formalización (15/12/2024) e ata a correcta xustificación das actuación contempladas no proxecto, que deben xustificarse antes do 28 de febreiro de 2026, dous meses despois do 31 de decembro, data na que debe finalizar o proxecto.

O orzamento asignado é de 54.450 €, con IVE, provinte de fondos europeos como apoio a proxectos transformadores para a promoción da bioeconomía ligada ao ámbito forestal e á contribución á transición ecolóxica.

Documentación a presentar

A empresa presentará unha memoria técnica con extensión máxima de 40 páxinas, cuns requisitos técnicos que se poden contemplar nas bases.
A súa estrutura debe constar dunha descrición do territorio do GDR Limia-Arnoia, descrición da metodoloxía, alcance e contido dos traballos a realizar e organización dos recursos materiais e humanos.

Pódense consultar todos os detalles da licitación na plataforma de contratación. Tedes que facer clic en “licitacións”.

Máis artigos sobre Mixturando

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición