SEMTAYR é un proxecto de colaboración entre varios grupos de desenvolvemento rural en España, no que participa o GDR Limia-Arnoia. O obxectivo é a creación dun sistema de xestión, monitorización e comunicación virtual para a mellora da experiencia peregrina no Camiño de Santiago: Vía da Prata-Camiño Mozárabe.

SEMTAYR pretende sentar as bases para impulsar o posicionamento e a consolidación da Vía da Prata-Camiño Mozárabe como itinerario xacobeo de alto interese estratéxico, alternativo aos traxectos máis consolidados.

O Centro de Desarrollo Rural La Serena oferta un posto de persoal técnico/responsable de SEMTAYR

O Consorcio Centro de Desarrollo Rural La Serena (Extremadura) oferta un posto de persoal técnico/responsable para SEMTAYR. Na páxina web do CDR La Serena están publicadas as bases da oferta e toda a documentación relacionada.

SEMTAYR é un proxecto presentado conforme á orde ICT/1524/2021 do 30 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o Programa Experiencias Turismo España e se aproba a súa convocatoria para o exercicio 2021, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Máis información: https://bit.ly/45Bi2Op

Logos financiamentos GDR