Son de Monte
Proxectos de cooperación entre GDR
Denominación do proxecto:
Son de Monte, proxectos de valorización da cultura vinculada ao monte e a posta en marcha da rede de centros de información e promoción da cultura forestal
Orzamento: 80.000€
GDR Participantes:
Limia Arnoia GDR10 (Ourense)
Seitura 22 (A Coruña)
EU Rural (Pontevedra)
Montes e Vales Orientais (Lugo)
Mariñas-Betanzos (A Coruña)
Condado-Paradanta (Pontevedra)
Coordinador: Limia Arnoia GDR10 (Ourense)
Sitio web: sondemonte.gal
.Galicia é unha das máis importantes potencias forestais de Europa, cunha superficie forestal arborada de máis de 1.400.000 hectáreas, o que representa o 48% de todo o territorio. Pero Galicia tamén é unha das rexión onde máis incendios e superficie forestal se queima cada ano. O abandono das terras, o despoboamento das áreas rurais, o cambio nos usos da terra e o cambio climático, fan que os lumes sexan cada vez máis intensos, rápidos e perigosos para as áreas rurais pero tamén para as urbanas.
Coñecido o perigo deste tipo de incendios, sabedores de que van a reproducirse no futuro, dende os GDRs propomos este proxecto. Son de monte, pretende asentar os piares da REDE de Centros de Información e promoción da Cultura do Monte, aproveitando as estruturas dos GDR (entidades sen ánimo de lucro, con equipos técnicos, asentadas nos territorios, que agrupan ás entidades sociais, comunidades de montes, agrarias, ecoloxistas, institucionais, con más de 10 anos de experiencia en cada un dos territorios,…) para pór en marcha os Centros de Información e promoción da Cultura do Monte e crear a posterior REDE que os agrupe.
Neste proxectos, incluímos 6 territorios de Galicia que entendemos representativos do pais para a posta en marcha dos 6 primeiros Centros Pilotos de Información e promoción da Cultura do Monte.
– GDR Limia-Arnoia territorio deprimido do interior de Ourense con Parque Natural e dúas Reservas da Biosfera, territorio fronteira con Portugal. Territorio en declive demográfico, con clima mediterráneo e elevados incendios.
– GDR Eu Rural. Incluído no Eixo Atlántico de Galicia, con maior dinamismo e máis poboación. Propiedade privada moi fragmentada.
– GDR Seitura 22. Territorio dinámico nun Parque Natural con clima atlántico.
– GDR Mariñas-Betanzos, área periurbana da Coruña. Territorio dinámico próximo e con clima atlántico e dentro dunha Reserva de Biosfera.
– GDR Montes e Vales Orientais, tamén incluído nunha Reserva de Biosfera.
– GDR Condado Paradanta, tremendamente sacudido polos lumes forestais no 2017.
Centros piloto sobre os que traballar para a posta en marcha dun programa piloto para construír un espazo de acción ao redor do monte co obxecto de contribuír á posta en valor do monte, mediante a evolución dos GDRs en entes con maior capacidade de acción e traballo, entorno a un dos recursos máis abondosos e importantes dos noso territorio.
Acción concreta do GDR Limia Arnoia a desenvolver no ano 2022
Aplicación do modelo silvícola para aproveitamento multifuncional do bidueiro no monte comunal de Penamá (Allariz).
O monte Ourensán de orixe natural destaca pola presenza de variedade follosas autóctonas cun aproveitamento centrado case en exclusiva para a produción de leñas (da corta ou da poda). Centraremos a experiencia na posta en valor do monte natural, baseado no carballo rebolo, amieiro, bidueiro e salgueiro, abundante no territorio de GDR.
Accións realizadas:
– Piornedo (Os Ancares). 16 setembro 2021. Coñecemento de experiencia local, en montes: A recuperación dos sementados de centeo en searas de monte, para obtención de gran e palla para teitado de pallozas.
– Tomiño. 2 outubro 2021. Presentación do proxecto no auditorio de Goián
– As Neves (Taboexa). Xornada de rexeneración ambiental e concienciación social, despois dos lumes.
Accións pendentes para 2022
– Xornada en Mariñas-Betanzos: proposta inicial o 25 abril 2022
– Xornada en Seitura 22: proposta inicial o 26 abril 2022
– Xornada en Limia-Arnoia: pendente de data
– Presentación final do proxecto: CONCLUSIÓNS