A Confederación Empresarial de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), ofrecen un ciclo de dous talleres de “Xestión da innovación nas PEMES”, no marco da iniciativa Conecta Ourense e en colaboración co GDR 10 Limia-Arnoia.
O obxectivo é que os/as directivos das empresas aprendan a facer o seu primeiro plan de innovación e a identificar capacidades e recursos para crear un departamento de innovación.
Plan de innovación nunha semana
O primeiro dos obradoiros celebrarase o martes 7 de novembro, ás 16:30 horas, no salón de plenos do Concello de Allariz.
Co obxectivo de deseñar un plan de innovación seguindo unha metodoloxía que permita aliñar a innovación cos obxectivos do negocio e podan empezar a traballar en proxectos de impacto. Os asistentes recibirán un manual que completarán durante o propio taller cos elementos básicos do plan e os recursos necesarios para poñelo en práctica.
Construíndo o ADN innovador
O segundo obradoiro terá lugar na sede da Confederación Empresarial de Ourense, o martes 8 de novembro ás 9:30 horas.
Co obxectivo de identificar as capacidades e procesos necesarias para innovar por unha persoa, un equipo e un departamento de innovación. Os participantes realizarán diferentes diagnósticos sobre o seu ADN innovador, as capacidades de innovar dos seus equipos e as actividades dun departamento, para identificar os roles e persoas necesarias.
Os talleres están abertos ás empresas ourensás cunha limitación de 20 prazas por taller. Para asistir aos talleres é necesario cubrir o formulario de inscrición na seguinte ligazón:
https://forms.gle/f2McoFUC5fwJhxj17