O Grupo de Desenvolvemento Rural Limia Arnoia comeza unha campaña de sensibilización ambiental nos centros escolares do noso territorio.

A campaña TI CONTAS!!! pretende traballar cos nenos/as de todos os centros de educación dos 25 concello sobre os recursos do territorio, os valores ambientais e a importancia da prevención de incendios.

As xornadas a desenvolver están organizadas do seguinte xeito:

1.- Conto teatralizado de sensibilizacion ambiental.

2.- Grupo de expertos- Dinámica de roles

3.- Xornalistas por un día

4.- Posta en común

O programa levarase a cabo ao longo do mes de abril e maio. Esta semana estaremos nos coles de Muíños, Sandiás, Allariz.

Eu conto, ti contas, el/ela conta,…. todas contamos!!!!

Logos financiamentos GDR