Una parte do equipo técnico do GDR Limia-Arnoia está estes días de visita na localidade búlgara LAG-Razlog co fin de coñecer diferentes proxectos de desenvolvemento rural implementados nesta zona no marco do Plan LEADER. A viaxe forma parte do programa “Eurochef II”; un programa de cooperación sobre gastronomía, patrimonio e cultura no que participan o GDR Limia-Arnoia, o GDR Terras de Pontevedra Norte, a Asociación de Desenvolvemento Galicia Sureste Eu Rural xunto cos grupos de acción local MIG-RAZLOG LAG, de Bulgaria, e ZIED ZEME LAG, de Letonia.
Durante a súa estancia visitarán unha escola de hostalería onde está previsto que o alumanado cociñe diferentes pratos a base de produtos locais coa finalidade de poñer en valor o produto, promover o seu consumo e convertelo nun recurso turístico da zona.
No pasado mes de xullo, visitaron o noso territorio distintos membros das entidades participantes no programa Eurochef II. Aquí presentámoslle varios proxectos como o Ecoespazo O Rexo ademais de visitar lugares tan emblemáticos do noso territorio como Allariz e a súa contorna. Un mes despois, en agosto, unha delegación do GDR Limia-Arnoia viaxou a Letonia no marco do mesmo programa onde tiveron a oportunidade de coñecer distintos proxectos de desenvolvemento rural, tales como unha granxa de flores comestibles.
O programa Eurochef II tamén estivo presente na IV Feira do Agro da Limia – Agrolimia – onde se fixo unha promoción dos produtos de tempada co dous obradoiros de cociña e posterior degustación da man dos cociñeiros Juan Cortés e Gerson Iglesias.
Que é o programa “Eurochef II”?
Eurochef II é un proxecto de cooperación transnacional que ten como obxectivo a posta en valor dos produtos locais e do territorio en base a gastronomía, o patrimonio e a cultura.


