A asociación Limia Arnoia GDR10 prosigue co proceso de participación para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDL) de cara a establecer as prioridades de investimento até o ano 2020 dos fondos FEADER distribuidos a través da axudas LEADER 2014/2020, nas comarcas de A Limia, Celanova, Allariz/Maceda e Baixa Limia.
Neste contexto, convócase unha reunión aberta á participación de todas as entidades sociais (asoc. de vecinos, culturais, deportivas, medioambientais, empresarios e comerciantes…) o vindeiro xoves día 16 de xuño ás 20,30 h na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.
Preténdese através destes encontros, establecer criterios de investimento para os servizos e sectores que se consideren máis relevantes ou deficitarios na comarca da Limia, co obxectivo de contribuir cos fondos LEADER a promover o desenvolvemento do noso medio rural.
A colaboración das entidades sociais faise imprescindible para que os eixos básicos de actuación no próximo periodo, estén realmente adaptados á realidade económica e social do territorio.
Queremos facer, pois, un chamamento á participación social nesta reunión do vindeiro xoves.