Pensión Porta Sacra – Rehabilitación dun edificio para instalar un establecemento hoteleiro
Proxectos Produtivos
Expediente: L19-19.20-10-0169
Promotor: Sara Martínez Álvarez
Concello do investimento: Maceda
Puntuación: 74
Orzamento Aceptado: 200.000,00 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 100.000,00 €
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados: 1
Nº de UTAS Xerados: 3
Proxecto de rehabilitación dunha edificación datada no ano 1900 para instalar unha pensión que dea servizo aos turistas da Ribeira Sacra e do macizo central ourensán.
A Pensión Porta Sacra, situada no concello de Maceda, pretende acoller nas súas instalacións, repartidas nos tres andares do edificio, a boa parte dos turistas da zona, ofertándolle unha estancia agradable, económica e ben localizada.
Aproveitar o turismo e promocionar o municipio
No ano 2019 rehabilitouse en Maceda unha vivenda de tres plantas para acoller a Pensión Porta Sacra, un pequeno establecemento hoteleiro situado no centro da vila, que ofrece unha estancia agradable e con encanto aos seus hóspedes.
O Concello de Maceda é coñecido polo conxunto histórico do castelo, o tradicional entroido do Felo e a riqueza ambiental e paisaxística do lugar. A proximidade da vila á Ribeira Sacra, xunto á riqueza histórica e natural do entorno, levaron a Sara a apostar pola apertura dun establecemento hoteleiro no municipio.
Sara instalouse en Maceda tras coñecer ao seu marido e unha herdanza familiar deixou nas mans do matrimonio unha fermosa vivenda baleira, datada no ano 1900. Aproveitando a escasa oferta hoteleira do lugar e visualizando as posibilidades económicas, en relación co turismo, decidiron rehabilitar este espazo para instalar a Pensión Porta Sacra.
Nas instalacións desta pensión, ademais dos dormitorios, distribuídos polas tres plantas do edificio, atopamos unha cafetería, onde destaca a súa marabillosa terraza, que permite desfrutar unhas ricas tapas acompañadas das preciosas paisaxes da contorna.
A proximidade da Pensión Porta Sacra coa Ribeira Sacra, e tamén coa cidade de Ourense, fan que a súa localización sexa inmellorable, presentándose como unha opción económica e de calidade para os visitantes que queiran coñecer a zona.
Imaxe Previa Execución
Imaxes Proxecto Executado