Residencia Virxe da Clamadoira – Ampliación e mellora das instalacións dunha residencia de maiores

Proxectos Produtivos

Expediente:  L17-19.20-10-0014
Promotor: Concello de Muíños
Concello do investimento: Muíños
Puntuación: 78
Orzamento Aceptado: 453.030,59 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 200.000,00 € (límite axudas LEADER 2014/2020)

INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
9,97
Nº de UTAS Xerados:
3
Nº de UTAS Xerados pertencentes a colectivos desfavorecidos:
3

 

Proxecto de ampliación, reforma e equipamento da residencia de maiores Virxe da Clamadoira, da Fundación San Rosendo.

Este espazo pasa de ser unha residencia (con 39 prazas) e centro de día (con 30 prazas) a unha residencia de 59 prazas, eliminando o centro de día das súas instalacións, por falta de demanda. A ampliación e reforma céntrase na planta baixa da edificación co obxectivo de conseguir ampliar 20 prazas e dotar o novo espazo do equipamento e mobiliario preciso.

Mellores instalacións e mellor calidade de vida

No ano 2011 a Fundación San Rosendo pon en marcha unha residencia de maiores e centro de día no concello de Muíños, concretamente na localidade de Barxés, un entorno cunha poboación envellecida, no que existen necesidades asistenciais significativas.

Inicialmente, a Residencia Virxe da Clamadoira contaba con servizos asistenciais para atender a 39 persoas maiores e dependentes, así como cun gran espazo acondicionado como local multiusos na planta baixa.

O incremento da demanda de prazas, fixo que se levara a cabo unha importante reforma no 2017, transformado a planta baixa do inmoble destinada ao centro de día en habitacións para poder aumentar o número de prazas. Deste modo, deixa de funcionar o centro de día, pero amplíase a residencia e pode ofertar un total de 59 prazas, que lle permiten dar resposta á alta demanda que hai na contorna.

Tamén se realizaron melloras no sistema eléctrico, reparación de humidades e saneamento, actuacións nas carpinterías exteriores e na zona verde que rodea o inmoble. Unha mellora completa nas instalacións que pretende crear un espazo confortable para os usuarios e usuarias da residencia.

Imaxe Previa Execución

Imaxes Proxecto Executado

Residencia Virxe da Clamadoira

Logos financiamentos GDR