Vehículo adaptado para servizo Casa do Maior “A Casiña da Rosa”
Proxectos Produtivos – Entidades Privadas
Expediente: L21-19.20- 10-0237
Promotor: Christian José Pozo Fernández
Concello e Lugar: Rairiz de Veiga
Puntuación: 81
Orzamento Aceptado: 38.362,06 €
Porcentaxe axuda: 50%
Contía Axuda: 19.181,03€
INCIDENCIA NO EMPREGO
Nº de UTAS Consolidados:
Nº de UTAS Xerados: 1
“A CASIÑA DA ROSA”, é unha Casa do Maior ubicada na Aldea do Muiño, que é unha pequena aldea pertencente o Concello de Rairiz de Veiga.
Este servizo non existe no Concello.
A casa é propiedade familiar e tras as reformas convertiuse nunha Casa do Maior, na que se dá servicio diúrno a un máximo de 5 usuarios.
A finalidade do proxecto e ofrecer un servizo diúrno as persoas maiores de 60 anos que así o desexen ou necesiten, pertencentes ao Concello de Rairiz de Veiga.
OBXECTO DA SOLICITUDE: VEHÍCULO ADAPTADO
Para poder ofrecer o servizo de transporte aos usuarios vai ser preciso unha furgoneta adaptada con capacidade para 6 prazas, amais de ter que levar a cabo unha adaptación homologada na furgoneta para poder levar aos usuarios que necesitan dunha cadeira de rodas para o seu día a día.
Así mesmo, para poder ofrecerlle aos usuarios unha maior calidade de vida vanse realizar todas as actividades que sexan posibles atendendo as súas necesidades, realizando actividades fóra da casiña polo que é imprescindible o vehículo adaptado para non ter que depender nin de outros medios de transporte nin de familiares para o seu desprazamento.
Compañía e entretemento para as persoas maiores de Rairiz de Veiga
Christian é un rapaz que estaba desempregado e que decidiu reformar unha vivenda particular para convertila nunha Casa do Maior con 5 prazas, das que actualmente ten só unha ocupada.
El considera que este tipo de iniciativas son necesarias no rural, sobre todo este servizo pensado para núcleos con menos de 5.000 habitantes, para “darlles compañía ás persoas que están soas e podan ter a cabeza ocupada nalgo”, explica Christian. Malia que os trámites coa Administración son lentos, hai xente interesada nesas prazas que ten libres, só dispoñibles para habitantes do Concello de Rairiz de Veiga.
Coa usuaria que está indo á Casiña, xogan, len, fan exercicios para manter a mente activa – como repasar matemáticas, xogar ás cartas, repasar capitais e provincias… – e comen xuntos. Fanse compañía. Esta persoa vive a 10 km do centro, polo que a adquisición do vehículo adaptado de 6 prazas facilita a chegada á Casa do Maior porque “non hai bus no rural e en taxi o prezo sería moi alto”, explica Christian, que ademais adaptou a furgoneta para aquelas persoas que precisen desprazarse en cadeira de rodas.
Este proxecto estálle permitindo volver ao rural pouco a pouco, sendo o seu propio xefe. O que mellor lle está a funcionar é o boca a boca da xente e proximamente repartirá folletos informativos nos principais puntos de interese para rematar de ocupar esas prazas.
Imaxes Proxecto Executado