Unha delegación de grupos de acción locais de Letonia e Bulgaria formada por 12 persoas está estes días de visita no noso territorio co fin de coñecer diferentes experiencias galegas que poñen en valor os produtos locais e o territorio en base á gastronomía, ao patrimonio e á cultura.

A visita enmárcase dentro do programa Eurochef II; un proxecto de cooperación trasnacional Leader no que participan a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, os grupos de desenvolvemento rural Terras de Pontevedra Norte e o GDR Limia-Arnoia xunto cos grupos de acción local MIG-RAZLOG LAG de Bulgaria e ZIED ZEME LAG de Lituania.

Esta é unha iniciativa coa que se pretende dar a coñecer os diferentes proxectos de desenvolvemento económico sostible dos lugares participantes nos que se potencian os produtos locais e o territorio a través da gastronomía, o patrimonio e a cultura. Na súa visita, a delegación internacional coñeciu o modelo de desenvolvemento económico, social e ambiental de Allariz, o casco histórico de Allariz e o ecoespacio O Rexo, unha granxa de ovellas na que se producen diferentes variedades de queixo así como outros proxectos de zona de Tomiño e A Guarda.

Está previsto que no próximo mes de setembro unha delegación galega viaxe ata Letonia para coñecer os proxectos de produción agraria máis relevantes do país.

Logos financiamentos GDR